Ir a 2015 Ideas para cambiar el Mundo
      home



Moitollo! Sensibilización da prevención de riscos laborais na poboación escolar







3710
     
 

Traballo avoga por incluir dende cativos a cultura da prevención

# A directora xeral de Relacións Laborais presentou a campaña de sensibilización ‘Moitollo!’ no CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela.

# O obxectivo desta iniciativa é acadar que dende as idades máis pequenas se interiorice a cultura da prevención, de tal xeito que á hora de enfrontarse nun futuro aos riscos laborais asuman a prevención dun xeito innato.

# A campaña inclúe o envío de documentación aos centros de ensino, así como a visita dun autobús visitará aos colexios, onde os alumnos poden tomar contacto coa cultura da seguridade laboral a través do visionado de filmes e actividades de animación.

# Para a posta en marcha desta campaña de sensibilización en materia de prevención en riscos laborais a Consellería de Traballo destina preto de 297.000€.



A directora xeral de Relacións Laborais, Pilar Cancela, presentou a campaña de prevención de riscos laborais Moitollo! no CEIP Lamas de Abade de Santiago de Compostela. Cancela destacou que coa posta en marcha desta iniciativa “apóiase a necesidade de incorporar o concepto da seguridade laboral dende idades moi cativas”. Ao seu xuízo, “é imprescindible que o conxunto de medidas e conceptos relacionados coa seguridade e a saúde laboral se incorporen en todos os ciclos educativos, non só na formación profesional, senón tamén nos colexios, institutos e universidades”.

Esta actuación de sensibilización está dirixida aos alumnos e ás alumnas de Educación Primaria e Secundaria, co obxectivo de espallar e inculcar nestas idades a “vocación” preventiva, para que actúen de “correo de transmisión” desta concienciación cara aos seus maiores. Segundo manifestou a directora, trátase de introducir o elemento da seguridade no traballo dende o mesmo momento no que se comezan a interiorizar os hábitos e costumes, de tal xeito que os máis pequenos exerzan de “embaixadores desa cultura preventiva para os seus pais”.

A campaña Moitollo! ten como fío condutor unha mascota en forma de ollo, coa intención de que o alumnado se conciencie da necesidade de estar atento ás situacións de emerxencia que se poidan producir na vida cotiá e, polo tanto, actuar previndo esas situacións e facilitando a solución adecuada a cada risco que se xera en cada momento.

A representante de Traballo asegurou que en materia de seguridade e saúde no traballo, “a educación e a prevención son dous factores clave para manter e mellorar a calidade da prestación laboral”. Afirmou que diversos estudos realizados pola Unión Europea, a través da Axencia para a Seguridade e Saúde Laboral, “establecen como prioridade da acción preventiva a divulgación da prevención dos riscos laborais, non só entre os traballadores e empresarios, senón tamén entre a sociedade en xeral, intentando incidir especialmente na xente nova”, salientou.

ACTIVIDADES DIVULGATIVAS DESEÑADAS PARA OS PEQUENOS.-

Segundo as previsións do departamento que dirixe Ricardo Varela, a campaña Moitollo!, que comezou a difundirse a comezos do mes de outubro, desenvolverase ata finais de decembro. Inclúe o envío da documentación a todos os centros educativos de Galicia, así como o percorrido cun autobús in situ, equipado cunha sala de proxección en 3D e con xogos de ordenador sobre seguridade laboral e totalmente rotulado coa imaxe da campaña. Traballo destinará 297.000 euros para a posta en marcha desta actividade de sensibilización entre os máis pequenos.

O plan de difusión apóiase, por unha banda, na difusión de mensaxes directas, a través da presenza dun autobús que estará equipado para proxectar películas e videoxogos. Por outra parte, repartirase distinto material divulgativo co obxectivo de chegar ao maior número de escolares de Educación Primaria e Secundaria dos centros educativos galegos, a través de 7.000 carteis, 500.000 folletos divulgativos e elementos publicitarios, como 500.000 pegatinas, 10.000 estuches con lapis de cores coa imaxe da campaña, 30.000 camisetas e 5.000 bonecos Moitollo!.

60 centros escolares están incluídos no itinerario deste autobús, co fin de ofertar, dun xeito chamativo, diversas actuacións de prevención de riscos laborais. Esta aula de prevención ambulante conta ademais dunha sala de vídeo-proxeción onde se proxectará unha película en tres dimensións sobre a importancia da prevención dos riscos laborais adaptada ás idades dos participantes na campaña, así como un vídeo xogo, onde se explicará como tomar medidas de protección dos riscos da prestación laboral.


Moitollo!




     
©2005 - 2012