A educación pública debe orientarse á formación de cidadáns máis competentes
cívicamente, cunhas virtudes cívicas que lles fagan ser máis responsables,
poñéndose no lugar doutros, en todo o que concirne á vida pública
ou común
O alumnado debe aprender a vivir xuntos e compartir uns valores comúns,
á marxe das diferenzas sociais que conviven na nosa sociedade.
O respecto ás diferenzas ten unha adecuada dimensión educativa: inducir
un sentido de tolerancia e educación intercultural.
A educación cidadá debe ser coherente co seu propósito, no mesmo acto
educativo; consecuentemente, debe educar desde a participación, desde o
diálogo, desde o recoñecemento do outro, desde a elaboración de proxectos
comúns, desde a democracia como experiencias e vivencias no proceso
educativo mesmo. Non se pode falar de democracia e de dereitos desde
espazos e relacións que, na práctica, os negan.
Unha educación de persoas novas e adultas que forme para a cidadanía
debe procurar a vinculación entre o espazo escolar ou formal e os outros
espazos sociais da poboación nunha determinada localidade, de tal xeito
que os contidos sobre participación e traballo en común teñan referencias
vitais concretas.
Débense construír propostas educativas que recoñezan, expliciten e favorezan
a expresión das particularidades e diferenzas (culturais, de xénero, étnicas
e xeracionais) das persoas novas e adultas. As propostas alleas aos contextos
particulares poden ser o punto de partida para os fracasos. As propostas
educativas deben incorporar con maior claridade a dimensión humana
dos suxeitos educativos ao facilitar procesos de diálogo, de autoreflexión,
de elaboración de proxectos comúns, de autoestima.
A educación de nenos, nenas, mozos e mozas debe dar importancia fundamentalmente
aos seguintes obxectivos:
• Xerar motivacións para unha maior participación cidadá
• Espertar a conciencia de que existen canles de participación social
• Mostrar as posibilidades de acción e as responsabilidades individuais
que de tales canles de participación se derivan
• Comprender o modo de participar na construción da orde social e
política, é dicir, os principios e as regras que rexen a participación
social en cada un dos escenarios da súa sociedade
• Iniciarse na participación social mediante a colaboración en proxectos
de cooperación ao desenvolvemento e voluntariado; contactos
con ONGs nacionais e estranxeiras, todo iso como marco de reflexión
e sensibilización para a educación cívica
• Promover o coñecemento cívico e a participación cívica.
• Coñecer e exercitarse na práctica dos dereitos humanos
• Promover a paz, os dereitos humanos, o dereito humanitario, a
democracia e imperio da lei, o desenvolvemento e a xustiza social
segundo se expresa nos textos e declaracións de dereito internacio10
nal, nacional e rexional dos dereitos humanos, a fin de lograr a comprensión
e a sensibilización de todos os cidadáns sobre os dereitos
humanos.
• Sensibilizarse especialmente acerca dos dereitos da muller, dos inmigrantes
e das minorías.
• Promover actitudes cara a participación democrática no ámbito
escolar e político.
• Fomentar os valores propios dunha Cultura de Paz.