A lingua non é sexista, pero si o é o uso que dela facemos. A linguaxe é o medio a través do cal
nos comunicamos, polo tanto reflite o pensamento colectivo, e con el estamos a transmitir unha
gran parte da forma de pensar, sentir e actuar de cada sociedade.
A través da linguaxe estamos asumindo papeis de xeito consciente e inconsciente, conformando
estereotipos sexistas. O uso sexista e androcéntrico da lingua é o reflexo dunha cultura sexista e
androcéntrica na que se valoran as capacidades e funcións atribuídas aos homes, pero non se
recoñece o valor social das capacidades e funcións que se atribúen ás mulleres. Hai unha especie
de resistencia lingüística a recoñecer o gran número de actividades desenvolvidas polas mulleres,
e segue a presentarse -a través dun uso lingüístico máis que consolidado- unha imaxe desvalorizada
e subordinada das mulleres con respecto aos homes.
A miúdo, incorremos en sexismo lingüístico a través do uso de formas incorrectas da linguaxe,
na escolla de palabras ou estruturas discriminatorias. A linguaxe sexista exclúe as mulleres, dificulta
a súa identificación ou asóciaas a valoracións negativas.
O seu uso é discriminatorio e parcial,
e impón barreiras arbitrarias e inxustas ao desenvolvemento persoal e colectivo.