O profesorado, as nais e os pais, temos, ante a infancia, a responsabilidade de favorecer o
desenvolvemento integral nunha sociedade, na que os arquetipos masculino e femenino seguen
presentes en tódolos ámbitos da vida. A proposta que lle presentamos, ten por obxecto contribuir
a esta finalidade desde unha perspectiva pouco habitual: a igualdade de valoración entre os
colectivos feminino e masculino.
As nenas e os nenos Xogando a ser maiores, isto é, a ser como mamá, papá a médica, o profesor...
estan labrando, ó mesmo tempo que a súa identidade sexual, a súa identificación cun determinado colectivo de xénero.
As consideracóns presentadas, polo seu contido, trascenden un uso didáctico puntual,
polo que coidamos que son suceptibles de adoptarse como eixes de traballo permanentes
na estapa infantil.

- Xogamos na Igualdade. Conto infantil

- Xogamos na Igualdade. Proposta didáctica.