Ir a 2015 Ideas para cambiar el Mundo
      home



BIBLIOTECA DIGITAL

Violencia de xénero. Guía para o profesorado de educación infantil e primaria. Educar para previ-la

Autora: Graciela Hernández Morales






6010
     
 

Edita: Sevicio Galego de Igualdade

ISBN: 84-453.3666.5

Esta guía trata sobre a necesidade de atende-las relacións e os conflictos para previr dun modo eficaz a violencia. Para iso invita ó lector e á lectora a reflexionar sobre as raíces deste fenómeno, facendo especial fincapé en determinados modelos e formas de vivi-la feminidade e a masculinidade.

Con este fin faise unha incursión no conxunto de relacións que se dan no seo das institucións escolares, que non está só centrada no que pasa co alumnado, senón tamén en cómo as persoas adultas (profesorado e familias) poden reproducir ou, polo contrario, deixar sen sentido as expresións de violencia.

As relacións nos centros escolares danse, como sempre, entre seres sexuados, mestres e mestras, pais e nais, alumnos e alumnas. A convivencia entre ámbolos dous sexos nas aulas é un feito relativamente recente que implica maior diversidade e riqueza que noutros tempos.

Os modos de entende-la masculinidade e a feminidade afectan ás relacións; algunhas destas maneiras son caldos de cultivo para a violencia, levan a unha falta de recoñecemento ó outro e á outra e constrúen unha barreira para a relación e o intercambio de e entre os sexos.

Son opinións e comportamentos que tamén afectan a educadores e educadoras. Todos e todas tivemos unha serie de experiencias e aprendizaxes que nos levaron a ter unhas actitudes determinadas, non sempre son positivas nin fáciles de transformar.

As lectoras e os lectores desta guía poderán atopar unha serie de pistas, reflexións e propostas para comprender de ónde veñen estas actitudes, cómo afectan a cada un e a cada unha, cómo inciden no noso labor docente. Todo iso sen a intención de buscar culpables, senón de entender e entendernos, e partir do que somos.

Tamén trata de visibilizar aquelas prácticas educativas que funcionan, que permiten abri-los conflictos sen violencia, recoñecer e relacionarnos coa singularidade de cada home e cada muller, etc. Aquilo que funciona é o fío do que seguir tirando para favorece-las relacións e supera-los modelos que fomentan a desigualdade entre os sexos.



- Relación, conflicto e violencia
- As causas da violencia de xénero
- A violencia de xénero nos centros educativos
- ¿Quen somos?
- A participación de nais e pais
- Profesoras e profesores
- O alumnado reproduce o sexismo
- Crear un contexto educativo que prevexa a violencia de xénero
- Posibles contidos para as unidades didácticas
- Pistas e exemplos para a intervención educativa

PDF - 1.3 MB
Violencia de xénero. Guía para o profesorado de educación infantil e primaria.





     
©2005 - 2012