As actividades educativas que figuran neste apartado son parte esencial da campaña de mobilización Letras para as nenas. Estas propostas didácticas, para levar a cabo na aula ou con grupos infantís ou xuvenís de educación non formal, constitúen un apoio necesario ó valor formativo que, dende Enrédate con Unicef, lle queremos dar á campaña. (Ver tamén a Guía de campaña , cos fundamentos pedagóxicos de Letras para as nenas e suxestións prácticas para a súa xestión).
Dirixidas a profesores e profesoras e a monitores ou monitoras de grupos infantís, as actividades aquí presentadas responden ó Proceso de Aprendizaxe da Educación para o Desenvolvemento enlace marcador en esta página: Exploración, reacción e acción. Como se pode apreciar, na listaxe non hai actividades específicas da última fase (acción); isto débese a que as propostas de acción da campaña figuran de forma explícita nas seccións de Mobilización e Cooperación, e a elas remitímonos para esta última e necesaria fase do proceso educativo.
A orde das propostas aquí mostrada baséase nos contidos que aborda cada unha delas, pola súa vez ligados ás seccións desta web. Sen embargo, a elección e a secuenciación das actividades quedan á vontade, ó interese e ós obxectivos de cada educador ou educadora. A variedade de enfoques e temas das propostas permiten un amplo abano de posibilidades pedagóxicas.
A xeito de exemplo, se queremos centrarnos no dereito á educación das nenas, unha secuencia recomendada sería a que compoñen as actividades 1, 2, 5, 3 e 4, para finalizar cunha acción das suxeridas na web (ou outra que se decida, de acordo cos participantes). Se estamos máis interesados no tema da desigualdade de xénero, a secuencia de actividades aconsellable podería ser 1, 5, 6, 7 e 8, para rematar cunha actividade de sensibilización das persoas do ámbito sobre a discriminación de xénero. A actividade 9 é adecuada, se se vai realizar algunha acción de recadación para a cooperación, e a 10 se se decide levar a cabo algunha acción de mobilización relacionada cos mozos marroquís ou para lle dar un aconsellable contido intercultural á campaña.