Ir a 2015 Ideas para cambiar el Mundo
      home



Obxectivos do Milenio

ISCOD - FETE



euskara     català     Español    



3395
     
 

Presentación . . . . . 7

Dez breves respostas ás dez preguntas fundamentais sobre os Obxectivos do Milenio . . . 9

OBXECTIVO 1. Erradicar a pobreza extrema e a fame . . . . . 17

OBXECTIVO 2. Acadar o ensino primario universal . . . . . 27

OBXECTIVO 3. Promover a igualdade entre os sexos e a autonomía da muller . . . . . 35

OBXECTIVO 4. Reducir a mortalidade infantil . . . . . 43

OBXECTIVO 5. Mellorar a saúde materna . . . . . 51

OBXECTIVO 6. Combater o SIDA, a malaria e outras enfermidades . . . . . 59

OBXECTIVO 7. Garantir a sostibilidade do medio ambiente . . . . 67

OBXECTIVO 8. Fomentar a cooperación internacional para o desenvolvemento . . 75

Máis información sobre os Obxectivos do Milenio . . . . . 83

As túas achegas (on “A túa experiencia”) . . . . . 87



ÁS PORTAS DO NOVO MILENIO atopámonos co desafío de conseguir maiores cotas de xustiza e igualdade para toda a humanidade. A pesares dos avances conseguidos en todas as esferas do coñecemento, a ciencia, a tecnoloxía e a cultura, miles de persoas sofren o fantasma da fame, a pobreza ou a falta da educación. Enre todos eles, as mulleres e a infancia resultan o colectivo máis afectado e vulnerable.

Porén, a pesares do inmenso da tarefa, miles de persoas en todo o mundo están dispostas a loitar con toda a enerxía e a vontade por conseguir uns mínimos coherentes coa dignidade do ser humano.

Os Obxectivos do Milenio son a demostración de que o conxunto dos seres humanos podemos poñernos de acordo para fixar as metas que precisan inmediatas solucións.

Mulleres e homes de todas as idades e condición atópanse nestes momentos aportando todas as súas capacidades para afrontar os graves problemas que padecemos.

Parten da idea de que outro mundo é posible. De que todos e todas somos responsables na aldea global. Que desde calquera lugar do mundo, por moi acochado e remoto que se atope, existe un espazo para a acción, a solidariedade e a xustiza.

Iniciativas como as que as organizacións da Plataforma 2015 puxeron a andar demóstranos que é posible cumprir, coa vontade de todos e todas, as metas que nos temos proposto. Non se trata, por tanto, de esperar que outros ou outras actúen.

Trátase de sumarnos, de coñecer, de saber, de escoitar e de actuar. Calquera iniciativa é importante. O que ocorre a miles de kilómetros de distancia nos concerce.

O que facemos no noso contorno repercute a miles de kilómetros. Pensar globalmente, actuar localmente tense convertido nun deber ético individual e universal.

Con esta guía quixemos facer unha homenaxe a todas as persoas, maiores e xoves que desafían a lei da fatalidade crendo no proxecto doutro mundo posible e invitarvos a contribuir neste grande proxecto que é OS OBXECTIVOS DO MILENIO. Ésta é unha guía para a esperanza e o compromiso. Cando a leas, pensa que non estamos sós, que non estamos soas. Agora mesmo nalgún recuncho do planeta alguén está sementando unha arbre, construíndo unha idea, revelándose contra unha inxustiza, percurando a paz, desafiando a enfermidade, loitando contra a fame, educando a unha nena.

Cando a leas, sae á rúa e actúa porque podemos cambiar o mundo. Porque podemos conseguir os Obxectivos do Milenio.

Maite Núñez, Directora de ISCOD
Carlos Cortiñas, Secretario de FETE-UGT

PDF - 3.2 MB
Obxectivos do Milenio

http://www.educacionenvalores.org/objetivosdelmilenio/




     
©2005 - 2012